Sede electrónica Concello de Cee

02:40:37 Venres 22 de novembro 2024
Estás en:

Detalle trámite

Exercicio de dereitos sobre os datos de carácter persoal

A través deste procedemento poderá enviar as súas solicitudes para o exercicio dos dereitos relativos á protección de datos. O Regulamento Xeral de Protección de Datos (RGPD), Regulamento UE/2016/679, recoñece as persoas titulares de datos persoais o exercicio dos dereitos de acceso, rectificación, oposición, supresión ("dereito ao esquecemento"), limitación do tratamento, portabilidad e de non ser obxecto de decisións individualizadas.

  • DEREITO DE ACCESO: Ao exercer este dereito está solicitando confirmación de se se están tratando, ou non, datos persoais que lle afectan e, en tal caso, que se lle facilite a información relacionada no artigo 15 do RXPD.
  • DEREITO DE RECTIFICACIÓN: Ao exercer este dereito está solicitando que se rectifiquen os datos persoais inexactos que lle competen ou se completen aqueles que sexan incompletos, de conformidade co disposto no artigo 16 do RXPD. A persoa afectada deberá indicar na súa solicitude a que datos se refire e a corrección que haxa de realizarse. Deberá acompañar, cando sexa preciso, a documentación xustificativa da inexactitude ou carácter incompleto dos datos obxecto de tratamento.
  • DEREITO DE SUPRESIÓN: Ao exercer este dereito solicita que se supriman sen dilación indebida os seus datos persoais, de conformidade co disposto no artigo 17 do RXPD. Será necesario acreditar que concorren os correspondentes requisitos.
  • DEREITO Á LIMITACIÓN DO TRATAMENTO: Ao exercer este dereito solicita que se limite o tratamento dos seus datos persoais, de conformidade co establecido nos artigos 18 e 19 do RXPD. Será necesario acreditar que concorren os correspondentes requisitos.
  • DEREITO Á PORTABILIDADE DOS DATOS: Ao exercer este dereito solicita que se lle facilite o dereito á portabilidade dos seus datos persoais, de conformidade co disposto no artigo 20 do RXPD.
  • DEREITO DE OPOSICIÓN: Ao exercer este dereito oponse a que os datos persoais que lle incumben sexan obxecto dun tratamento, de conformidade co establecido nos artigos 21 e 22 do RXPD.

Ao exercer calquera destes dereitos, no caso de que se acorde, dentro do prazo dun mes, que non procede atender total ou parcialmente o dereito exercido, se comunicará á persoa interesada motivadamente coa fin de que, no seu caso, poda solicitar a tutela da Axencia Española de Protección de Datos, ao abeiro do artigo 57 do RXPD.

Preferentemente de forma telemática a través do botón "Iniciar trámite". Se a persoa interesada non utiliza a vía telemática poderá acudir ao rexistro do Organismo, e realizalo de forma presencial.

  • Solicitude de Exercicio de dereitos sobre os datos de carácter persoal.

Nome: Exercicio de dereitos sobre os datos de carácter persoal.

Inicio do procedemento: A instancia de parte.

Tipo de interesado: Persona física.

Prazo de execución: 1 mes

Canles de atención: Telemático (Iniciar trámite)

                                        Presencial.