O procedemento de "solicitude de alta e modificacións padronais" regula a inscrición dunha persoa no padrón municipal de habitantes, así como as sucesivas modificacións dos seus datos.
Calquera persoa física que desexe realizar unha alta ou modificación de datos no rexistro de habitantes do municipio.
Preferentemente de forma telemática a través do botón “Iniciar trámite”. Se a persoa interesada non utiliza a vía telemática, poderá descargar o impreso ou impresos dende esta páxina ou acudir ao rexistro do Concello, onde lle facilitarán o dito/s impreso normalizado/s para presentar.
O Concello ten a potestade de aceptar outros documentos, feitas as comprobacións que considere oportunas (subministracións de luz, auga, etc.) Modelo Autorización.
No caso especial de estar a solicitar o empadroamento nun domicilio no que xa constan empadroadas outras persoas, a persoa interesada deberá presentar unha autorización asinada unha persoa maior de idade que figure empadroada nese domicilio e que deberá dispor dalgún título ao seu nome acreditativo da posesión efectiva da vivenda (propiedade, alugueiro...).
Nome: Solicitude de alta e modificacións padronais.
Unidade tramitadora: Secretaría.
Inicio do procedemento: A instancia de parte.
Tipo de interesado: Persoa física.
Órgano de resolución: Alcaldía.
Carácter silencio administrativo: Silencio positivo.
Prazo de resolución: 3 meses.
Recurso aplicable: Potestativo de reposición / Contencioso - administrativo.
Taxas/Impostos: Non aplica.
Canles de atención: Telemático (Iniciar trámite).
Presencial.