Sede electrónica Concello de Cee

20:17:43 Luns 2 de decembro 2024
Estás en:

Detalle trámite

Convocatoria de subvencións para actividades deportivas mediante libre concorrencia competitiva 2024

Non hai convocatorias abertas actualmente

O obxecto desta convocatoria vén a desenvolver as actuacións de promoción do deporte en beneficio do desenvolvemento deportivo local.

A finalidade desta convocatoria é a promoción e fomento do deporte, subvencionando actividades realizadas no concello de Cee, coa finalidade de apoiar ás entidades locais sen ánimo de lucro na creación e mantemento de actividades, fomento do deporte de base, deporte para todos e organización de eventos deportivos.

As solicitudes presentaranse a través da sede electrónica ou no rexistro xeral do Concello de Cee en horario de 9:00 a 13:30 horas de luns a venres, ou por calquera das formas previstas no artigo 16.4 da Lei 39/2015, de 1 de outubro, de procedemento administrativo común das administracións.

O prazo de solicitude e do 7 de marzo ao 8 de abril do 2024.

  • Solicitude
  • Anexo 1. Solicitude de subvención.
  • Anexo 2. Certificación do nº licenzas deportivas menores de 18 anos (federativas e/ou escolares do Programa Xogade de deporte en idade escolar) así como do nº licenzas maiores de 18 anos. (Expedida pola federación deportiva correspondente ou pola entidade organizadora do Programa Xogade de deporte en idade escolar).
  • Anexo 3. Declaración indicando a organización prevista de actividades físico-deportivas propias e en colaboración nas promovidas polo Concello de Cee.

Debe realizarse mediante o procedemento de Achega de Documentación coa seguinte documentación:

  • Anexo 4. Solicitude de aboamento da subvención concedida.
  • Anexo 5. Declaración doutras axudas 2024.
  • Anexo 6. Orzamento de ingresos e gastos 2024.
  • Anexo 7. Memoria de actividades 2024.
  • Anexo 8. Relación clasificada de gastos presentados 2024.
  • Certificado da conta bancaria da entidade.
  • Certificados de estar ao corrente coa AEAT, ATRIGA, Seguridade Social e Concello de Cee (éste último consultarase de oficio pola entidade local, non sendo precisa a súa presentación).
  • Facturas ou documentos orixinais polo importe concedido e xustificantes bancarios do seu pago. (No caso de presentar os gastos de persoal como xustificantes será preciso xuntar: contrato en vigor, informe de vida laboral, nóminas e TC2 Seg. Social).
  • Acreditación do uso do logotipo do Concello de Cee (ou do servizo de deportes municipal) en cartelería, roupa/vestimenta deportiva, web, redes sociais, outras.

Nome: Convocatoria de subvencións para actividades deportivas mediante libre concorrencia competitiva 2024

Inicio do procedemento: A instancia de parte.

Tipo de interesado: Persoa física ou xurídica.

Canles de atención: Telemático (Iniciar trámite).

                                    Presencial.