Sede electrónica Concello de Cee

13:39:29 Domingo 19 de abril 2026
Estás en:

Detalle trámite

Convocatoria de subvencións para actividades deportivas mediante libre concorrencia competitiva 2026

O obxecto desta convocatoria vén a desenvolver as actuacións de promoción do deporte en beneficio do desenvolvemento deportivo local.
A finalidade desta convocatoria é a promoción e fomento do deporte, subvencionando actividades realizadas no concello de Cee, coa finalidade de apoiar ás entidades locais sen ánimo de lucro na creación e mantemento de actividades, fomento do deporte de base, deporte para todos e organización de eventos  deportivos.

As solicitudes presentaranse no rexistro xeral do Concello de Cee en horario de 9:00 a 13:30 horas de luns a venres, ou por calquera das formas previstas no artigo 16.4 da Lei 39/2015, de 1 de outubro, de procedemento administrativo común das
administracións.

O prazo de solicitude e do 11 de Abril ao 11 de Maio de 2026.

  • Solicitude
  • Anexo 1. Solicitude de subvención.
  • Anexo 2.  Certificación do nº licenzas deportivas menores de 18 anos (federativas e/ou escolares do Programa Xogade de deporte en idade escolar) así como do nº licenzas maiores de 18 anos. (Expedida pola federación deportiva correspondente ou pola entidade organizadora do Programa Xogade de deporte en idade escolar).
  • Anexo 3. Declaración indicando la organización prevista de actividades físico-
    deportivas propias y en colaboración con las promovidas por el Ayuntamiento de Cee.

Debe realizarse mediante o procedemento de Achega de Documentación coa seguinte documentación:

  • Anexo 4. Solicitude de aboamento da subvención concedida.
  • Anexo 5. Declaración doutras axudas 2026.
  • Anexo 6. Orzamento de ingresos e gastos 2026.
  • Anexo 7. Memoria de actividades 2026.
  • Anexo 8. Relación clasificada de gastos presentados 2026.
  • Autorizar a consulta ao Concello de Cee de estar ao corrente coa ATRIGA, AEAT,Seguridade Social e co propio concello, e no caso que non se autorice deberanse aportar ditos certificados.
  • Certificado da conta bancaria da entidade.
  • Facturas ou documentos orixinais polo importe concedido e xustificantes bancarios do seu pago. (No caso de presentar os gastos de persoal como xustificantes será preciso xuntar: contrato en vigor, informe de vida laboral, nóminas e TC2 Seg. Social).
  • Acreditación do uso do logotipo do Concello de Cee (ou do servizo de deportes municipal) en cartelería, roupa/vestimenta deportiva, web, redes sociais, outras.

Nome: Convocatoria de subvencións para actividades deportivas mediante libre concorrencia competitiva 2026

Inicio do procedemento: A instancia de parte.

Tipo de interesado: Persoa física ou xurídica.

Canles de atención: Telemático (Iniciar trámite).

                                    Presencial.