Sede electrónica Concello de Cee

13:37:26 Domingo 19 de abril 2026
Estás en:

Detalle trámite

Convocatoria de subvencións para actividades culturais mediante libre concorrencia competitiva 2026

O obxecto desta convocatoria é a promoción e impulso de eventos e actividades culturais e contribuír para que acaden os obxectivos que lles son propios, fomentar a participación da cidadanía en cada ámbito de actuación, contribuíndo de este xeito a impulsar a democratización da sociedade, e fomentando a defensa dos valores de igualdade de xénero, e a linguaxe inclusiva.

As solicitudes presentaranse a través da sede electrónica ou no rexistro xeral do Concello de Cee en horario de 9:00 a 13:30 horas de luns a venres, ou por calquera das formas previstas no artigo 16.4 da Lei 39/2015, de 1 de outubro, de procedemento administrativo común das administracións.

O prazo de solicitude é do 14 de Abril ata o 13 de Maio de 2026.

  • Solicitude
  • Anexo 1. Solicitude de subvención.
  • Anexo 2. Declaración indicando os eventos e actividades organizadas pola entidade.
  • Anexo 3. Declaración indicando a colaboración da entidade cos eventos e actividades organizadas polo Concello de Cee.
  • Anexo 4. Declaración número de socios e monitores da entidade.

Debe realizarse mediante o procedemento de Achega de Documentación coa seguinte documentación:

  • Anexo 5. Solicitude de aboamento da subvención concedida.
  • Anexo 6. Declaración de axudas 2026.
  • Anexo 7. Orzamento de ingresos e gastos 2026.
  • Anexo 8. Memoria de actividades 2026.
  • Anexo 9. Relación clasificada de gastos presentados 2026.
  • Autorizar a consulta ao Concello de Cee de estar ao corrente coa ATRIGA, AEAT,Seguridade Social e co propio concello, e no caso que non se autorice deberanse aportar ditos certificados.
  • Certificado da conta bancaria da entidade.
  • Facturas ou documentos orixinais polo importe concedido e xustificantes bancarios do seu pago. (No caso de presentar os gastos de persoal como xustificantes será preciso xuntar: contrato en vigor, informe de vida laboral, nóminas e TC2 Seg. Social).
  • Acreditación do uso do logotipo do Concello de Cee en cartelería, web, redes sociais, outras.

Nome: Convocatoria de subvencións para actividades culturais mediante libre concorrencia competitiva 2026

Inicio do procedemento: A instancia de parte.

Tipo de interesado: Persoa física ou xurídica.

Canles de atención: Telemático (Iniciar trámite).

                                    Presencial.